Ninguén pon en dúbida a progresión de ARA dende a sua chegada ó Barbadás. O sacrificio e traballo con que afronta os adestramentos, unido a esa ilusión e por suposto as suas grandes cualidades, fan que agora mesmo sexo un dos porteiros no que a Escola ten depositadas máis esperanzas de cara ó futuro inmediato.
Ten un golpeo de balón que xa o distinguía dende cativo. Está moi concentrado nos encontros. Mellorou sustancialmente no xogo aéreo e o estirón dos dous últimos anos fai que mellorase a coordinación e a explosividade das suas accións. Disfruta deses minutos que Juanjo che da no Cadete A e divírtete sobre o campo. É a mellor sinal de que o estás a facer ben.